viernes, 26 de mayo de 2017

REFLEXIÓN FINAL DO CURSO

Corresponde agora poñer un punto no desenvolvemento das actividades do curso de Platega "Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación".

No meu caso concreto, agardo poida ser un punto e seguido xa que se trata dunha temática cuxo coñecemento me proporcionou unhas ferramentas que xa me permitiron afrontar con éxito certas situacións coas que me atopo na aula habitualmente. Considero necesario seguir afondando neste tema xa que as tecnoloxías avanzan a un ritmo vertixinoso e cada día podense empregar novas ferramentas que facilitan o traballo e axudan a  mellorar a práctica diaria.

Tiña xa realizado alguns cursos relativos ao uso das Tics na aula e sobre redes sociais, nos que non me faltaron atrancos por mor de que algunha aplicacións ou ferramentes estaban en inglés.  Neste curso que agora remata, só en contados momentos me atopei con este problema xa que a gran maioría das ferramentas están en castelán.

Considero que este curso foi moi completo e me proporcionou moitas novas ferramentas. Coñecía e empregaba xa algunhas redes sociais: facebook, twitter, pero non coñecía socialWire que me pareceu de moita utilidade para a miña profesión.
O tema de curación de contidos, que ao principio me "soaba" un pouco raro, acabou por convertirse en algo esencial: buscar, seleccionar, compartir e gardar para non ter que perder tempo facendo búsquedas. Non coñecía tampouco o funcionamento nin a utilidade de pinterest.

Considero que a selección dos contidos do curso foi boísima ao que teño que engadir a excelente atención dos titores, Carlos López Ardao e José Vicente Novegil Souto, sempre puntuais ao envío das tarefas. A eles, especialmente, lles agradezo a súa atención e grazas tamén aos compañeir@s cos que contactei a través dos foros, redes sociais e actividades colaborativas.

Un saúdo a todos.


1 comentario: